Xornadas sobre léxico matemático
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas (USC) organiza unhas Xornadas sobre léxico matemático os próximos días 5 e 6 de novembro, coincidindo coa semana da ciencia.
Estas Xornadas van dirixidas a todas as persoas que usan o galego para transmitir matemáticas. Nesta primeira edición (confiamos en que haxa outras) o ensino terá un protagonismo especial.
Enviamos o pdf dun tríptico coa información máis relevante. Esta información irase actualizando na páxina web da Facultade: