4 de novembro: Día da ciencia en galego
No seu día a CIG-Ensino promoveu un encontro co profesorado das materias afectadas para animalo a seguir ensinando en galego e trasladarlle todo o apoio da organización sindical no exercicio dese compromiso.
Este ano, o lema proposro para esta data: “O dereito a gozar da ciencia en galego, a química fala galego” e acordaron homenaxear á matemática galega María Wonenburger, homenaxeando así ás primeiras docentes e científicas que contribuíron a reivindicar o espazo que ás mulleres corresponde.
Por todo isto a CIG-Ensino anímavos a participar na celebración de tan importante data e fai público o seu recoñecemento aos centros educativos e ao profesorado que neste día está a desenvolver distintas actividades científicas en galego. Este traballo colectivo é a mellor ferramenta para a normalización e o prestixio do noso idioma.
http://www.cig-ensino.com/novas/4-11-2011/4-de-novembro-d-a-da-ciencia-en-galego