Dende Apetega estamos coordinando as actividades lúdicas do III Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego, que se celebrarán a partir do día 16 de outubro nos centros de toda Galicia.
Os actos que estamos organizando son:
-Presentación web das fotografías das bicicletas dos nosos alumnos/as. Na dirección: http://www.flickr.com/photos/apetega2012/ iremos poñendo as fotografías cun lema a prol da tecnoloxía ou do uso do galego nas materias de ciencias e tecnoloxía. As fotos podédelas enviar a web@apetega.org. Pedimos a vosa colaboración para ter o maior número posible de fotos!
IMPORTANTE: Por evitar problemas co tema de protección de datos, evitade que apareza o alumnado dun xeito recoñecible nas mesmas.
-Xogo TECNOPOLY: Na web de apetega, no enlace http://www.apetega.org/TecnoloxiaGalego/inicio.php podedes atopar o taboleiro de xogo, plantillas dos cartos, plantilla dos títulos de propiedade e as preguntas. Son necesarias máis preguntas polo que podedes preparalas usando a plantilla dispoñible na web e compartilas con todos enviándoas tamén a web@apetega.org
-Ponte de Leonardo da Vinci: Dende IGACIENCIA propoñen o reto de intentar construír unha ponte deseñada por Leonardo da Vinci que non necesita clavos nin cordas para unir as madeiras. Plantéxannos o reto de intentar construila, quen se atreve? Enlace: http://www.cienciaengalego.org/sites/default/files/ponte%20desmontable%20Leonardo.pdf
Un saúdo e esperamos a vosa colaboración!