O premio Nobel de Quimica 2011 foi dado aos cuasicristais, un motivo de orixe xeométrica, ao igual que o fullereno (premio Nobel de Química en 1996) do cartaz do día da Ciencia en Galego



Os profes e as profes de Matemáticas non teñen desculpa para non celebrar o día do ciencia en galego por que este ano sexa dedicado á Química. Os cuasicristais relacionan a Química con teselados do plano aperiódicos como o de Penrose (portada de GAMMA nº 1). O comité Nobel lémbranos que este tema está relacionado co número de ouro, con Fibonacci, titúlano

 Crystals of golden proportions, "cristais de proporcións de ouro, que seguen o número aúreo",

 saberías explicar como? Le o seu texto aquí, no primeiro ficheiro adxunto

O fullereno lémbranos que a Química está chea de xeometría: plegados de proteínas, enantiomorfos, simetría, figuras que enchen o espazo coma nos cristais....

Mira por onde podes celebrar o día da Ciencia falando da Química e do Partenón, de como teoremas inconmovibles (non hai máis teselados regulares do plano que os do triángulo, cadrado e hexágono) convértense en considerando só teselados periódicos, se ademais consideramos os teselados aperiódicos ...