Actividades propostas para o VIII día da Ciencia en Galego

Desde Igaciencia agradecemos que difundan entre o profesorado interesado a proposta de actividades que detallamos no texto do correo, especialmente dep. de Física e Química, Tecnoloxía, Plástica, Bioloxía, Galego, Ciencias do Medio e Matemáticas.


Estimadas amigas e estimados amigos

 

Desexámosvos un bo curso e convidámosvos a participar nas actividades que temos previsto desenvolver proximamente.

 

-VIII Día da Ciencia en Galego

 

Participar é fácil e sinxelo. O importante é o número de persoas que colaboran nesta celebración.

En http://www.igaciencia.eu/?q=content/feliz-ano-2017-feliz-ciencia-en-galego-2017  reflectimos o porqué dos científicos seleccionados nesta edición para ser homenaxeados.

 

Un grande abano de posibilidades para ir preparando:

 

 

-Manexar o GPS, Entender o sistema de coordenadas GPS e os sistemas de visualización xeográfica como GoogleMaps ou Openstreetmaps.

 

-Experiencias relacionadas coa orientación. Recrear os primeiros compases cunha agulla imantada sobre unha cortiza flotando nun recipiente con auga…

 

-Expoñer  no centro educativo a serie de carteis sobre Darwin e a Evolución que enviaremos a cada un dos vosos centros.

 

-Enviar algunhas fotos a nova carta a través da app novacarta (que está en novacarta.eu) ou enviando todas as do centro con xeolocalización de cada unha ou grupo, cos enlaces correspondentes á galipedia, ás páxinas do Concello ou a todas aquelas que consideredes relevantes para describir o lugar do voso concello. Como podedes ver no apartado de premios en novacarta, solícitase que haxa un profesor responsable que canalice a participación do alumnado e os motive para  que resalten aquilo que consideran un lugar único e mítico e digno de ser coñecido en toda Galicia e por todos os centros. Os dez mellores en cantidade e calidade recibirán un premio en metálico e outros corenta recibirán a revista de Igaciencia sobre a luz. Ver http://novacarta.eu/gl/node/7 (ao final) e http://novacarta.eu/gl/node/8

 

-Buscar en novacarta.eu as paisaxes e os miradoiros do norte de Galicia que os fan famosos. O modernismo de Ferrol. A poesía galega ligada á posición xeográfica. Comparar as distintas versións en distintas linguas da galipedia. Facer unha composición, por exemplo, sobre o cabo e faro Vilán despois de buscalo en Novacarta e explicar porque a súa grandeza ben pode ser símbolo de Galicia.

 

-Apuntarse en  http://www.igaciencia.eu/?q=content/colabora-eou-participa para colaborar en novacarta.eu ou en cienciaengalego.org

 

Nesta comunicación queremos darlle todo o protagonismo ao VIII Día da Ciencia en Galego. Ao redor desta celebración iremos facendo suxestións desde a web www.igaciencia.eu  e www.cienciaengalego.org

 

En breve informaremos da exposición de Igaciencia que se celebrará en Coruña e sobre outras actividades.

Un cordial saúdo

Manuel Díaz Regueiro