- Log in to post comments
No ano 2018 propoñemos as ideas seguintes:
O patrimonio cultural europeo
Desde Igaciencia promovemos o ano do patrimonio cultural europeo, facendo espececial incidencia na cultura científica e na cultura galega como patrimonio cultural europeo. Propoñemos a Arquímedes como científico europeo.
E ao Mestre Mateo como homenaxeado galego deste ano. Centraremos as novas inclusións de novacarta no patrimonio cultural galego: se ata agora había moitas igrexas e arquitectura actual, trataremos que este ano haxa ademais literatura, petroglifos, castros, pintura, música, ciencia, etc.
Para iso continuaremos con novacarta.eu que, a día de hoxe -febreiro 2018- e despois dun ano-, xa conta con 8000 puntos de interese galegos, 5000 fotos, e miles de referencias.
Este ano, brindamos a colaboración unicamente a través do profesorado e preferiblemente obtendo fotografías para complementar os puntos que xa ten novacarta. Así non necesitades engadir a xeolocalización, senón citar o número de nodo do lugar.
Tamén se agrandou o uso de novacarta.eu como ferramenta na clase. Xa é posible saber que puntos de interese hai arredor dun centro e podedes tirar fotos deses lugares. Exemplo:
Imos ao menu proximidade (á dereita). No enderezo poñemos o centro e localidade, por exemplo cpi de Guntín. Pinchamos no enderezo que presenta o programa e no botón "Calculate proximity" o espazo se nos enche de puntos de interese a coñecer e visitar.
Pinchando en cada un dos marcadores temos as coordenadas e incluso obtemos indicacións para ir ao lugar, "Como chegar desde a nosa posición" en google.
Tamén co móbil podemos sacar fotos do lugar e dárllelas á/o profesor/a engadíndolle indicacións como: son da Casa de Pena da Merla (por exemplo), nº2736, xa que aparece este enderezo web http://novacarta.eu/gl/node/2736 Iso é todo E pode facerse con varios puntos. De paso podedes investigar por que Turismo de Galicia o colocou como punto de Interese. Ver que pon a wikipedia galega dese lugar (se o pon), etc. E saber un pouco máis da contorna.
Faremos un curso en setembro de drons para fotografía, traballaremos con esculturas 3d (porque non do pórtico da gloria?). Un concurso da mellor reproducción en 3d do Daniel do pórtico da Gloria...