- Log in to post comments
Fai que o público inglés teña curiosidade pola Catedral de Santiago e, sobre todo, polo Pórtico da Gloria. Durante os anos 1860 e 1870 varios eruditos viaxan a Santiago para ve-la grandiosa obra do Mestre Mateo…
O redescubrimento internacional do Pórtico da Gloria no período victoriano culmina co baleirado en escaiola que o museo londinense South Kensington (hoxe Victoria and Albert Museum) fai en 1866. A dirección do South Kensington Museum ordenou facer unas copias en escaiola das obras mestras da Arte Mundial, o que supuxo o recoñecemento internacional, ós máximos niveis científicos europeos, do valor do Pórtico da Gloria.
Historia cultural do Camiño de Santiago de Francisco Singul, Francisco Singul Lorenzo
Este ano non podes visitar Londres e non ver no Victoria and Albert Museum a copia en escaiola do Pórtico da Gloria. O Mestre Mateo é o homenaxeado galego polo patrimonio cultural europeo e Galego neste IX día da Ciencia en Galego.