No IES 12 de Outubro de Ourense

Submitted by admin on Ven, 11/16/2018 - 11:46

Boa noite!

No IES 12 de Outubro de Ourense celebramos este ano o Día da Ciencia en Galego facendo unha homenaxe a figura de Arquímedes. Nun proxecto no que colaboraron varios departamentos, construímos un templo grego, no que fixemos unhas divisións ou estantes, en cada un deles intentamos representar unha pequena parte da historia deste magnífico home de Ciencia.

Enviámosvos as fotos a ver que vos parece. A exposición na realidade é aínda máis bonita porque moitas das imaxes están feitas en 3D e con material reciclado na medida do posible. A area que empregamos é da propia Siracusa -patria de Arquímedes- aproveitando que unha compañeira do departamento de Historia estivo alí. 

Ademais entregamos ao noso alumnado unha reprodución do Ostomachion, "lanzando" o reto para que eles mesmos intentasen a construción de distintas figuras. Outro compañeiro de historia, fixo o deseño imitando os colores e as imaxes dunha polaroid antiga. Ao final quedou moi ben. 

Espero que vos guste a todos e todas a nosa celebración do Día da Ciencia en Galego deste ano 2018. 

Un cordial saúdo

Rosa González (e non Rosalía, como equivocadamente puxen en Facebook)

Se pinchades nas fotos poderedes ver os detalles.