Alan Turing visto por si mesmo

Submitted by admin on Xov, 09/09/2021 - 22:16

No artigo “os números computables” vin o que non vira Church. Descubrin o concepto de máquina Universal, tan sinxelo e tan incriblemente potente, e comprendera como utilizala para o problema da decisión.
Entscheidungsproblem de Hilbert : Existe unha receita infalible para saber que enunciados son demostrables? A resposta é negativa Mellorara a Gödel ao mostrar que os problemas indecidibles son inseparables dos demais. Que en calquera lugar ao fío dunha teoría pode haber problemas escondidos que non son nin demostrables nin refutables, e non temos modo algún de saber onde están.

E sobre todo o meu maior logro foi o que fixen coa máquina. Unha calculadora automática, unha maquina que podería facer o traballo doutra máquina e ordenar calquera tarefa matemática. Calcular os ceros da función zeta de Riemann ou a traxectoria dunha bala de canón, demostrar que 2^321-1 é primo. Verificar a demostración do teorema de Gödel. A máquina pode facer iso no mundo matemático. E matematicamente só pode escribir instrucións e ler símbolos nunha cinta de papel. Símbolos que son tanto programas como datos. Xa Gödel representaba as demostracións como números. Pero eu fun o primeiro en comprender que non había que diferenciar os programas dos datos. Por aquel entón as máquinas electrónicas aínda eran algo afastado.

Pero a idea fundamental xa aparecía no meu artigo. Gödel e Von Neumann e os demais en Princeton e outros lugares retomaron o meu artigo Tiña 25 anos e o entendera todo.... Seguía os pasos de Dedekind, Peano, Frege, Hilbert, Whitehead, Russell, Gódel, ,,, todos os que se devanaron os miolos para poder entender que quere dicir 1+1 que é unha fórmula, un enunciado, que quere dicir verdadeiro ou falso. As matemáticas son completas? Coherentes? decidibles? Mesmo computables?

Tiña 25 anos entendérao todo. Nada podía determe. En Bletchley Park ao principo só eran 2 científicos e ao final da guerra eran 10000 científicos. Desciframos o código secreto que producían as máquinas alemás Enigma, o seu sistema de encriptación na segunda Guerra Mundial.
Comprendin a formación das manchas dos animais. As raias das cebras ou os peixes… Simplifiquei o problema, e por tanto desvirtueino un pouco, como fai un sempre en matemáticas. Deixe de lado a influencia dos órganos na química e viceversa. Ocupeime de pescudar unicamente como inflúe a reacción Química nos motivos e iso xa era moito.