Os homenaxeados Evariste Galois e Ángeles Alvariño González

Submitted by admin on Mér, 07/20/2022 - 12:57

Évariste Galois cambiou as matemáticas, pero tamén a Arte, a Física, a Química, a Xeoloxía inventando o concepto de grupo e aínda o de grupo de Simetría. Hoxe podemos citar 800 libros que falan da Teoría de Galois en Mecánica Cuántica, dos Grupos de Simetría en Cristalografía e Química ou dos 17 grupos de Simetría planos que permiten facer todos os deseños tipo wallpaper posibles no plano, etc. Ou os de 3 dimensións que explican a cristalografía.

Pero é que morreu aos 20 anos, como lle dixo ao seu irmán "Ne pleure pas, Alfred ! J'ai besoin de tout mon courage pour mourir à vingt ans !"
Non chores! Necesito todo o meu coraxe para morrer aos vinte anos!.

Morreu nun duelo. Un republicano revolucionario, mal estudante (tiña moitas actividades que facer) pero cunha mente matemática xenial.

Recomendamos ler o libro Uma historia da Simetría (en portugués), en inglés Why Beauty Is Truth The History of Symmetry, de Ian Stewart para entender como un problema matemático convírtese en central na Ciencia, Física, Química, Cristalografía,...

O libro Symmetry_ A Very Short Introduction, tamén de  Ian Stewart explica polo miudo como a simetría está inmersa en moitos fenómenos da natureza e dos invariantes.

O libro SYMMETRIES OF ISLAMIC GEOMETRICAL PATTERNS de Syed Jan Abas and Amer Shaker Salman de World Scientific calcula o motivo mínimo de centos de imaxes bidimensionais árabes que, ao reproducilos repetidamente usando un dos 17 grupos de simetria plano dan a imaxe completa.

Como Biografía: El elegido por los dioses. La Historia de Evariste Galois de Leopold Infeld en editorial SXXI

En canto a  Ángeles Alvariño , ferrolá, deu nome ao buque oceanográfico español e fai coa súa vida en Galicia e EE.UU. unha busca polos novos coñecementos oceanográficos e novas especies mariñas. Primeira científica en traballar en barcos de exploración españois e británicos.

El buque oceanográfico “ÁNGELES ALVARIÑO”, la

ou "Ángeles Alvariño González: Experta internacional no estudo do zooplancto mariño"

Así que dedicaremos un tempo a Simetría e a oceanografía en honor aos homenaxeados e a importancia desas ciencias básicas en múltiples campos e no desenvolvemento sostible.