Ciencia en Galego no XIV día no IES 12 de Outubro

Submitted by admin on

Ola! De novo un ano máis, no IES 12 DE OUTUBRO DE OURENSE apostamos pola nosa lingua para ensinar ciencia e reivindicar o uso do galego en todos os ámbitos do saber científico.

Nun ano no que o lema é: "Saúde para todas e todos" a través de proxectos colaborativos fixemos o seguinte: o alumnado de 1º de Bacharelato fixo unha reprodución do caótico laboratorio do doutor Alexander Fleming... Tamén traballaron na problemática da crise da auga e do saneamento, non querendo quedar como meras/os espectadoras/es senón investigando e traballando sobre distintas cuestións relacionadas con esta temática como son: a situación a nivel mundial da problemática da auga vendo que países dispoñen de máis auga, cales consomen máis, cales reciclan máis; reciclado de augas negras como en Singapur ou como eliminar os contaminantes das augas residuais empregando novas tecnoloxías, a desalinización, o problema dos vertidos á auga das centrais nucleares e tamén si podemos aprender da propia natureza para minimizar o consumo de auga, como fan animais e plantas para aproveitar ao máximo este líquido vital. Construíron un panel informativo na entrada do instituto, cunha rayuela e un stop paras dicirlle ao resto do insti: párate, observa, reflexiona sobre si ti queres ser o cambio que queres ver no mundo.

O alumnado de 4º ESO PDC preparou o seu particular homenaxe a figura do doutor Domingo García-Sabell, "rodando" unha película sobre a súa vida, invitando con entradas a todas e todos os que quixeran coñecer algo máis deste persoeiro galego. Non falta de nada: palomitas, gafas en 3D, cámara, etc... Ata fixeron un photocall para que o resto de compañeiras/os se fixesen unha foto para conmemorar o día.

E como no noso centro levamos xa varios anos implementando o Plan de Igualdade... o alumnado de Proxecto Compentencial de 4º ESO cuestionou si en toda esta historia non había papeis femininos... así que investigou e puxo sobre a mesa a todas esas microbiológas que estiveron tantos anos silenciadas dende Mary Hunt quen descubríui unha cepa de Penicillium capaz de producir moita máis cantidade de penicilina que a que descubrira Fleming ata a actualidade na que por fin se comeza a recoñecer o seu traballo. A modo de "pinacoteca" fixeron unha exposición con estas científicas.

E por último, o Centro aposta por presentar un proxecto para E-twnning: o alumando de 3º ESO coa súa profe Aldara están a medir 4 constantes vitais a todo o Centro: pulso, tensión arterial, frecuencia respiratoria e temperatura. Logo aplicaranlle o correspondente tratamento estatístico.

E coma sempre para conmemorar o Día entregamos un agasallo a cada alumna e alumno: unha chapa deseñada polo profesor de historia e responsable da biblioteca Carlos Pérez Seara, A chapa ven a representar a loita a "morta" entre bacterias e antibióticos producidos polos fungos, celebrando tamén a importancia da lectura.

Como sempre, esperamos que vos guste o noso traballo.

Mandamos fotos en varios correos

Apertas agarimosas e moitos folgos para seguir traballando a ciencia en galego

Rosa González Conde

Etiquetas

Menus