- Log in to post comments
Temos como temática o Ano Internacional das Ciencias e Tecnoloxías Cuánticas https://quantum2025.org en español https://quantum2025.org/es/
E tamén é o Ano Internacional da Preservación dos Glaciares https://www.un-glaciers.org, en español, https://www.un-glaciers.org/es
E por outra banda a RACG nomeou científico galego do ano a Fernando Calvet, quizais, o primeiro bioquímico galego, o modernizador da química de Galicia, catedrático da USC, expulsado despois da guerra civil e un dos químicos de Zeltia.
Así que as temáticas que trataremos este ano serán a Física e Tecnoloxía (Coa Física e Tecnoloxía Cuántica como centro), a Xeoloxía (cos glaciares coma centro temático), e a Química e Bioloxía (coa Bioquímica e Fernando Calvet coma centro temático). Así, este ano, cubrimos case todas as Ciencias que se ensinan en Primaria e Secundaria. Temos unha ampla Temática Científica para tratar neste ano.
Como homenaxeado universal poñeremos a Einstein, que recibiu o premio Nobel polo seu artigo sobre os fotóns en 1921, pola súa explicación do efecto fotoeléctrico e "polo seu servizo á Física teórica", a Teoría da Relatividade, á Teoría Cuántica, á Mecánica Estatística pero a súa obra principal é a teoría xeral da relatividade que aplicou para modelar a estrutura a grande escala do universo. Toda a súa vida procurou a teoría unificada que unise a teoría xeral da relatividade coa teoría cuántica e non o conseguiu nin el nin todos os físicos seguintes, sendo un dos problemas do milenio en Física que esperamos que o resolva un galego ou unha galega, falando galego.