Para os amigos e amigas dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Tecnoloxía, Plástica, Galego e Matemáticas ou de Ciencias da Natureza, ademais de todos os interesados na Ciencia e no Galego:
Como xa coñecedes, o día 5 de novembro de 2012 celebramos o III día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego, que este ano dedicamos á Tecnoloxía, a Leonardo e a Ramón Verea.
Unha das preguntas que nos chegan é que facer? ese día 5. Naturalmente nós só podemos dar suxestións:
-Actividades coa bicicleta: permitir que o alumnado chegue ese día en bicicleta ao centro. Falar de dos aspectos saudables e ecolóxicos dos desprazamentos en bicicleta. Comentar a Ciencia e a Tecnoloxía da bicicleta. Pequenas competicións coa bicicleta.
Ir a actividades que propón a USC. Ver Dinamización Ciencia en Galego 2012 da USC
Actividades da APETEGA Apetega: actividades lúdicas do día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego
Outras actividades que propoñemos para facer son:
· Leonardo e o Rectángulo Áureo
· Odómetro e bicicleta de Leonardo
· Incrible! O número PI na miña bici!
· As Bicis no Instituto e no centro
· Actividades sobre Leonardo: A ponte desmontable de Leonardo
· A ponte de Leonardo Normas para facer a ponte de Leonardo as tedes aquí
· http://www.cienciaengalego.org/sites/default/files/ponte%20desmontable%20Leonardo.pdf
· Biografías de Leonardo
· A anatomía no Renacemento. A anatomía.
· As máquinas de Leonardo
· Os robots de Leonardo
E outras máis que podedes ver en http://www.cienciaengalego.org
Lembrade poñer en cienciaengalego.org (ou enviar) as vosas actividades.
Unha aperta
Manuel Díaz Regueiro