O vídeo do IES Vilar Ponte de Viveiro

Unha das cousas sorprendentes do día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego é que parece que foron poucos centros os participantes.

En realidade é que hai moito centro tímido que non envía os seus traballos, o que realizaron. Anímadevos a envialos  ou poñédevos vos mesmo en cienciaengalego.org pedindo unha conta.

Aquí temos o estupendo traballo, en vídeo, do IES VIlar Ponte de Viveiro:

Actividade feita polo alumnado de 2º ESO A para recordar o uso do galego nas materias científicas e tecnolóxicas.

A evolución da bici ó longo do tempo e as distintas formas de deseñar un mesmo obxecto tecnolóxico.