CIENCIA E TECNOLOXÍA EN GALEGO NO IES DE BRIÓN

No IES de Brión, o alumnado de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I debuxou e construíu unha ponte autoportante segundo o deseño de Leonardo da Vinci.

A ponte mide 600 cm de longo, 75 cm de ancho e 75 cm no seu punto máis alto. Consta de 14 largueiros de 150 cm de longo e sección cadrada de 3 cm de lado, colocados lonxitudinalmente, e 9 largueiros de 75 cm de longo e sección cadrada de 3 cm de lado, colocados transversalmente.

Tamén construiron xunto ao alumnado de  EPV de 4º ESO unha cúpula autoportante segundo trazados de Leonardo.

Este traballo adquire unha importancia especial no noso centro, debido a que no curso 2010/11 os departamentos de Tecnoloxía, Debuxo e Bioloxía e Xeoloxía desenvolveron un proxecto de deseño e construción dunha cúpula xeodésica para usar como invernadoiro.

Estes traballos  xuntaronse a outros expostos nunha pequena exposición na entrada do centro, como:

- Deseño de engrenaxes.

- Uso da bicicleta

- Recompilatorio de libros sobre a figura de Leonardo da Vinci.

- Recompilatorio de información na rede sobre Leonardo da Vinci.

- Exposición de traballos elaborados por alumnado de 4º  sobre Leonardo da Vinci, Ramón Verea e a bicicleta.