Neste 2013, o día da ciencia dedícaselle a dúas temáticas (arte e ciencia, e estatística) e a tres persoeiros (Isaac Díaz Pardo, Florence Nightingale e Richard Buckminster Fuller). E para conmemoralo, os centros do Campus de Lugo organizan un programa conxunto de actividades (presentado en anexo) que novamente queren abrir ao estudantado dos últimos cursos do ensino secundario.
Luns, 4 de novembro de 2013
1. I Xincana da Biblioteca Intercentros
Con motivo do Día da Ciencia en Galego 2013/2014, a Biblioteca Intercentros convoca a I Xincana Bibliográfica. Consiste nunha competición onde cada equipo debe atopar a información que se lle require no menor tempo posible.
Poden participar equipos de 3 persoas formados por membros de calquera dos colectivos da comunidade universitaria, sempre que teñan tarxeta de lector/a da biblioteca vixente para o curso 2013/14, formando equipos de 3 persoas. A inscrición é de balde.
Lugar e data de celebración: luns 4 de novembro a partir das 19:00 na Aula Universia da Biblioteca Intercentros. A duración da proba será de 1 hora.
Mércores, 6 de novembro de 2013
-
Visitas guiadas a laboratorios
Horario: de 10 a 11,30 h
Lugar: laboratorios de investigación de distintos centros do Campus Universitario de Lugo
Descrición:
Laboratorios de distintos centros do Campus abren as súas portas para ofrecer un percorrido guiado polos mesmos investigadores que traballan neles, co fin de explicar de forma sinxela o que alí se fai.
Pódese visitar calquera dos seguintes laboratorios:
-
Hospital Veterinario Universitario Rof Codina
-
laboratorio de Anatomía Patolóxica (Fac. de Veterinaria)
-
laboratorios da Fac. de Ciencias + obradoiro de robótica (Fac. de Ciencias)
-
condución de maquinaria con GPS + invernadoiro de prácticas (E. Politécnica Superior)
-
-
taller de medicións forestais (E. Politécnica Superior)
Por cuestións de operatividade cada un destes laboratorios e talleres pode aceptar un número limitado e distinto de visitantes. Polo tanto, os centros interesados en participar nestas visitas deben indicarnos tanto a instalación que desexan visitar (ou varias, ordenadas segundo a súa preferencia) e o número de persoas que participarían na visita. As prazas dispoñibles asignaranse por orde de solicitude.
-
-
Presentacións Arte e ciencia
Horario: de 11,45 a 13,30 h
Lugar: Auditorio “Isaac Díaz Pardo”, da Escola Politécnica Superior
Descrición:
Profesorado de distintos centros deste Campus e outros expertos van desenvolver breves presentacións centradas –desde un enfoque divulgativo– nas temáticas e persoeiros conmemorados nesta edición do Día da Ciencia en Galego.
A relación prevista de presentacións é a seguinte:
-
Isaac Díaz Pardo, a patria enteira na memoria (Xosé Ramón Fandiño, Academia Real Isaac Díaz Pardo)
-
Florence Nightingale, a dama da lámpada: enfermeira, estatística e escritora (Isidoro Rodríguez, Escola Universitaria de Enfermaría)
-
A estatística: unha ferramenta para calcular a incerteza (José Mª Alonso, Fac. de Veterinaria)
-
Estética e semiótica da química: formulando con arte (Marcelino Maneiro, Fac. de Ciencias)
-
Arte e ciencia na construción (Xoán Carlos Carreira, Escola Politécnica Superior)
Información complementaria
No transcurso dese acto entregaranse tamén os premios da I Xincana Bibliográfica, organizada pola Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo.
Información e contacto
Para solicitar información máis detallada, solicitar a asistencia ás presentacións e/ou ás visitas a laboratorios ou calquera outra cuestión relacionada, deben contactar co teléfono 982 823 582 ou co enderezo electrónico xusto.rodriguez@usc.es.