http://linguademontes.blogspot.com.es/2013/11/iv-dia-da-ciencia-en-gale…
IV Día da Ciencia en Galego (II)
Deixamosvos coas imaxes desta xornada!!
02/11/2013
IV Día da Ciencia en Galego (I)
Un ano máis, xa temos preparadas as diferentes actividades que desenvolveremos co gallo do IV Día da Ciencia en Galego. Este ano, dedicado á Estatística e á Arte e a Ciencia, ríndeselle homenaxe ás figuras de Isaac Díaz Pardo, Richard Buckminster Fuller e Florence Nightingale. Para que quede a pegada no noso centro desta homenaxe, presentaremos dous carteis conmemorativos nos que falamos da vida e obra destes persoeiros.
Ademais, na mañá do martes día 5 levaranse a cabo cinco obradoiros nos que os propios alumnos e alumnas exercerán de monitores e lles explicarán aos seus compañeiros diferentes aspectos relacionados coa ciencia.
- A Xeometría do Son. A Arte da Resonancia (Dpto. Tecnoloxía)
- Construíndo Cupulas Xeodésicas (Dpto. Matemáticas)
- A pegada Dactilar (Dpto. Bioloxía)
- Onde vai o CO2? (Dpto. Bioloxía)
- Verne e os seus inventos (Dpto. Lengua Española)