No progreso

Alonso Montero lembra os 50 anos da mostra de ciencia en galego en Lugo


Etiquetas: Alonso Montero, lembranza, mostra, ciencia, galego, Lugo

05/11/2013 - Jaureguizar / El Progreso (Lugo)

O presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, lembrou onte en Lugo que se cumprían 50 anos dunha exposición bibliográfica sobre ciencia en galego que se desenvolveu no Círculo das Artes. Nesta mostra organizada co gallo dos 100 anos de ‘Cantares gallegos’ «soamente había tres artigos en galego». Dous deles eran anteriores a 1936, «que trataban sobre bioloxía e astronomía, e outro sobre oftalmoloxía, un de Antón Beiras, que era de 1958».

Na visión de Alonso Montero, esta escaseza de divulgación científica en galego encauza co propio devir do idioma. «As primeiras manifestacións en galego, como en todas as linguas minorizadas, prodúcense na poesía; despois na narrativa e, en terceiro lugar, na ciencia e na filosofía», indicou.

 

Fotos

Xesús Alonso Montero (á dereita), con Mario Outeiro, onte en Lugo. (Foto: Pepe Tejero)

Xesús Alonso Montero (á dereita), con Mario Outeiro, onte en Lugo. (Foto: Pepe Tejero)

O ESPERTADOR

Ciencia galega no campus


Etiquetas: Marta Becerra, O espertador, estudantes, Secundaria, BAC, ciclos, visita, laboratorios, relatorios, investigación, Escola Politécnica

07/11/2013 - Marta Becerra / El Progreso (Lugo)

as aulas universitarias acolleron onte aos seus futuros alumnos. Trátase de medio centenar de estudantes de Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos que participaron nas distintas actividades organizadas no campus con motivo do Día da Ciencia en Galego. Visitas a laboratorios, presentacións e relatorios do ciclo ‘Arte e Ciencia' centraron a programación da xornada na que se homenaxeou ao intelectual Isaac Díaz Pardo, a enfermeira Florence Nightingale e o arquitecto Richard Buckminster Fuller.

Os relatorios do ciclo ‘Arte e Ciencia' foron impartidas por Xosé Ramón Fandiño, Isidoro Rodríguez, Xoán Carlos Carreira. José María Alonso e Marcelino Maneiro.

Tamén se entregou o premio da I Xincana Bibliográfica que levou o equipo formado por Lida Osorio Castelao, Tamara Arango López e Ángel Castro Ramos.

Concurso de curtos co móbil para mozos de Secundaria

O vicerreitor, Pedro García Herradón, aproveitou onte a celebración do Día da Ciencia en Galego para presentar o concurso de curtos co móbil titulado ‘O campus de Lugo e o desenvolvemento no medio rural', dirixido a mozos destas idades.

Xornadas de investigación na Escola Politécnica Superior

A Escola Politécnica Superior acolle, desde onte, as xornadas de investigación sobre zonas non saturadas do chan ZNS'13, que reúnen a máis de 30 investigadores de distintas universidades españolas, así como a outros científicos que están a traballar en Estados Unidos, Arxentina, Bélxica, Alemaña ou Italia. Estes expertos presentarán os resultados dos últimos estudos relacionados coas zonas non saturadas do chan, que son aquelas que non están permanentemente alagadas.

O vicerreitor inaugurou as xornadas, acompañado polo director da escola, Javier Bueno Lema, así como o coordinador da organización deste foro de carácter bianual, o profesor do departamento de Enxeñería Agroforestal da USC Jorge Dafonte.

O investigador alemán W. Durner, considerado como un dos grandes estudiosos das zonas non saturadas do chan, abriu a quenda de relatorios cunha exposición sobre os métodos de evaporación do chan. A presentación de comunicacións, así como a exposición e explicación de carteis, centraron a actividade dos congresistas durante a tarde e continuarán hoxe. As xornadas de investigación sobre zonas non saturadas do chan chegarán ao seu fin mañá cunha visita á mina das Pontes.

 

Na Opinión de Coruña

 

Alonso Montero cree que todas las instituciones deben hacer más por el gallego

Para el presidente de la RAG es la Xunta quien tiene la "máxima" responsabilidad

05.11.2013 | 01:27

El presidente de la Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, afirmó ayer en Lugo que "todas las instituciones deberían hacer más" para potenciar el gallego. Momentos antes de participar en una conferencia en la Diputación de Lugo sobre la presencia del idioma gallego en la ciencia, Alonso Montero destacó que la "Xunta tiene la máxima responsabilidad, gobierne con quien gobierne" y añadió que, "por lo tanto, siempre se puede hacer más".

"En el mapa complejo de la sociedad gallega el idioma gallego tiene áreas donde está muy vivo y potente y tiene áreas donde no lo está tanto. Habría que cubrir esas áreas menos asistidas", señaló. "Lo que aconteció desde que hay Constitución, autonomía y ley de normalización lingüística es que en algún aspecto las circunstancias negativas han crecido un poco, pero las positivas también crecieron". "Hoy hay miles de jóvenes que saben hablar bien el gallego, otra cosa es que lo hagan habitualmente", subrayó.

Por lo demás, sobre el gallego y la ciencia, recordó que antes del 36 "no había más que tres artículos científicos, uno de astronomía y dos de biología, en gallego". "Desde el 78 ha habido muchas manifestaciones de matemáticas, de biología, etc.", señaló.

Ciencia nas aulas

Da Vinci en galego en A Sardiñeira

 03:49  
 
 
 
Alumnos do instituto da Sardiñeira, durante o Día da Ciencia en Galego.
Alumnos do instituto da Sardiñeira, durante o Día da Ciencia en Galego. 

Alumnos do instituto da Sardiñeira practicaron experimentos científicos para conmemorar o Día da Ciencia en Galego. A iniciativa plantexou dous temas centrais: unha homenaxe a Leonardo da Vinci e novos materiais. Uns estudantes prepararon experiencias para que outros puidesen realizalas e comprendelas, como a técnica de esferificación que empleaba Ferran Adrià no seu restaurante El Bulli.

Idioma e ciencia

03.07.2009 | 00:39

Aorganización coñecida como ACTA (Autores científico-técnicos e académicos) convoca cada ano desde hai cinco, un concurso para a promoción de xovens escritores en materia -entendo eu- do que antes se chamaban ciencias aplicadas e alta divulgación. A este concurso poden participar equipos de alumnos de centros educativos de todo o territorio español (Ensino Secundario e Formación Profisional). Concédense tres premios.

Este ano, o primeiro premio de ACTA foi conquerido por un equipo de alumnos de primeiro curso de Bacharelato do Instituto Santa Irene, decano dos de Vigo. Eles son Suso Conde Lago, Javier Blanco Cordero e Marta Piñeiro Lago. O grupo de traballo estivo dirixido por M.ª José Parada Santoro, a súa profesora de Ciencias do Mundo Contemporáneo. O éxito destes rapaces produceme ledicia mais non sorpresa. Eu fun profesor do Santa Irene durante a case totalidade da miña vida laboral e sigo considerando este centro como o meu Instituto. Por outra banda, é (felizmente) usual que alumnos das Travesas, orientados por profesores excelentes, acaden os máis altos galardóns, por exemplo, nas olimpiadas matemáticas ou de ciencias naturais ou de física. O grupo de teatro Spasmo pode causar pasmo e o Santa Irene foi sempre unha Pedreira da que saiu moi bon material para seguir ampliando a casa das letras galegas contemporáneas. Outros Institutos de Vigo e de Galicia demostran, ano tras ano en certames coma este, que o sistema educativo florece neste País e que as últimas xeracións son, posiblemente, as mellor educadas e instruídas da Historia de Galicia. O que nos leva ao idioma.

Os rapaces vencedores recibiron a súa formación científica en galego, como mandan as normas que Núñez Feijóo quere abolir. Son intelixentes persoas que dominan a expresión en galego, o que non foi obstáculo para que a súa exposición perante o tribunal científico de ACTA se producese nun castelán tan perfecto, tan preciso, e tamén elegante, que chamou a atención dos xuíces, o que contribuiu como mérito para a concesión do premio. Digamos xa que o traballo se centra no estudo da cuestión das células nai en xeral e da súa aplicación á mediciña rexenerativa en particular. Préstalle unha atención central ás células iPS e a fronteira conceptual sitúase no sitio no que a investigación de avangarda avanzada contra as sombras do descoñecido.

Hai poucos semanas declaraba o presidente da Confederación de Pais de Colexios Concertados (Congapa) José Ramón Hermida: "Utilicemos el sentido común. Químicas o Físicas, con tantas nomenclaturas internacionales, no se pueden dar en gallego. No podemos retroceder". O premio ACTA para os alumnos do Santa Irene, que é un Instituto público onde a ciencia fala o idioma galego, fai evidente que o que pensa a Congapa e Núnez Feijóo constitúa una perversidade ideolóxica na que se detecta o estigma do odio á nosa herdanza e a ignorancia triste das comunidades vencidas.