http://coordinadoraendl.org/cienciaengalego/2013/videoconferencias.php
Quedan poucos días para realizar a inscrición
Videoconferencias 2013 |
Introdución Con motivo da celebración do IV Día da Ciencia en Galego o vindeiro martes 12 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo. |
VIDEOCONFERENCIA PARA SECUNDARIA |
VIDEOCONFERENCIA PARA PRIMARIA |
|||
Título: Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol. Relator: Jorge Mira Perez. Doutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade investigadora está centrada no estudo do magnetismo en sólidos e a nanotecnoloxía, e tamén no estudo de sistemas de falantes con idiomas en competición. Publicou numerosos traballos especializados en publicacións de prestixio e desenvolve un importante labor divulgador en libros, nos medios de comunicación ou do programa "ConCiencia" (USC), do que é responsable. Sinopse: Poucas etapas da historia amosaron un talento tan brillante como a da Grecia clásica. Contaremos como fixeron eses gregos para sabe-lo tamaño do mundo que habitamos e calcula-la distancia á lúa e o sol e os seus tamaños, usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea. Destinatarios: Tema acaído para alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato. Data e hora: martes 12 de novembro entre as 12:30h e as 13:30h. As matemáticas da supervivencia do galego Presentacións sobre o sistema solar e o resto do universo
|
Título: Benqueridos insectos. Relatora: Marilar Aleixandre. Doutora en Bioloxía. Catedrática de Ciencias Naturais de Ensino Medio. Catedrática de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela. Autora dunha extensa e premiada obra narrativa e poética. Sinopse: Benquerida abelliña, sen ti as maceiras non darían froito; benqueridos escaravellos, que volvedes á terra os restos do que foron seres vivos; e a cascarrubia que coida das roseiras, e a colonia das cen mil formigas falando cunha soa voz. Ás veces comémosvos, pois tamén comemos o que amamos. Destinatarios: alumnado de 3º ciclo (5º e 6º) de Primaria. Data e hora: martes 12 de novembro entre as 10:30h e as 11:30h. |
NECESIDADES TÉCNICAS DOS CENTROS Ordenador con conexión a internet (recomendado con cabo, non con wifi) e altofalantes, canón proxector e pantalla e software: Flash Media Player. INSCRICIÓN Por motivos organizativos, os centros interesados (ata un máximo de 100) deben enviar un correo a correo@coordinadoraendl.org indicando os seguintes datos: nome do centro, departamentos/docentes implicados, niveis educativos en que se vai desenvolver a actividade, Nº de alumnos/as implicados/as, profesor/a de contacto (tamén correo), e Observacións (dúbidas, suxestións, etc.). |