http://busc.wordpress.com/2013/10/28/isaac-diaz-pardo-na-busc-contribuc…
Isaac Díaz Pardo na BUSC: contribución ao “Día da Ciencia en Galego”
A BUSC súmase un ano mais á celebración do Día da Ciencia en Galego e quere contribuír á homenaxe que este ano se dedica a Isaac Díaz Pardo cunha pequena mostra bibliográfica seleccionada entre as máis de trescentas referencias que se poden atopar no noso catálogo baixo o seu nome.
Pintor, ilustrador, cartelista, empresario, deseñador industrial… A súa creatividade, aínda non suficientemente estudada e recoñecida, abarca dende a pura creación artística ata a investigación científica, a innovación en procesos e a invención de maquinaria para as súas fábricas de cerámica do Castro e Sargadelos.
Conscientes da imposibilidade de abordar a totalidade da súa figura neste traballo, presentamos unha escolma de libros que dan conta do enorme e variado labor creativo desenvolvido por este humanista ao longo dos seus noventa e un anos.
Sirva esta bibliografía urxente como punto de partida no coñecemento deste intelectual singular e irrepetible para todas aquelas persoas interesadas nos avatares da cultura galega e o desenvolvemento industrial ao longo do século XX.
Incluímos tamén unha serie de obras que recollen algúns dos seus escritos e obras biográficas que completan a imaxe do creador e o seu pensamento.
Todas as referencias seleccionadas corresponden a monografías existentes na BUSC e están incluídas no seu catálogo en liña, onde pode atoparse unha descrición máis detallada así como as condicións de consulta de cada obra.
Acompañamos a selección bibliográfica dunha cronoloxía e citas do propio Díaz Pardo, que sitúan temporalmente os fitos máis destacados da súa vida e obra.
Podedes acceder na seguinte ligazón:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/snl/dinamizacion/descargas/Diazpardo.pdf