O globo de noite

        Prezad@s tod@s,



        O día 20 de xaneiro comezou a primeira fase da campaña "GLOBE at Night", o maior programa de ciencia cidadá a nivel mundial relacionado coa contaminación lumínica. A diferenza de edicións anteriores, en 2014 a campaña estará activa durante todos os meses do ano.



        A maiores da súa relevancia como acción de concienciación, nos oito anos que esta iniciativa leva funcionando recolléronse case 100.000 medidas en 115 paises, constituíndo unha extensa e diversa base de datos sobre o brillo percibido do ceo que ten dado lugar a interesantes resultados de investigación.

        

        É unha campaña internacional e plurilingüe, con materiais de apoio e aplicacións web en máis de 20 idiomas, entre eles o galego.



        Animádevos a participar e animade as persoas que coñecedes!



        Toda a información en  http://www.globeatnight.org/

         Materiais, webapp para subida de datos, etc: http://www.globeatnight.org/downloads

        

        Saúdos!

        salva.



----------------------------------------------------------------------------------------------------

Salvador X. Bará

Area de Optica, Dept. Fisica Aplicada.

Facultade de Fisica / Facultade de Optica e Optometría

Universidade de Santiago de Compostela. Galicia.