Bos días,
Por fin os compañeiros puideron confirmar as videoconferencias que a CGENDL propón para o II Día da Ciencia en Galego.
Haberá unha primeira para Primaria que será impartida por Isabel Fraga, directora do Museo de Historia Natural da USC, autora da "Guía verde de Santiago de Compostela", editada por Alvarellos. Queda por confirmar o título e a hora, mais será a primeira hora da mañá para que os CPI poidan sumarse tamén á videoconferencia de Secundaria se o desexan.
A segunda é unhas propostas feitas por Isabel Vaquero, do SNL da USC, a raíz da experiencia do curso pasado. Foi máis complicada de xestionar xa que ese día o convidado falará dende a cidade brasileira de natal, a onde acode para participar nun congreso internacional. Trátase de Ángel Carracedo e a charla versará sobre as "Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial". Esta actividade terá lugar sobre as 12:30 da mañá debido á problemática horaria (daquela el estará madrugando) e así non se pisa coa primeira nos CPI.
Informaremos esta noite ou mañá aos equipos e na rede con todas puntualizacións que haxa que facer.
Manuel, dende o CEIP de Rebordáns de Tui envían esta proposta de actividades, que tamén vos anexo ao correo en pdf, por se queres dar conta dela na páxina:
http://www.slideshare.net/CGENDL/da-da-ciencia-no-ceip-rebordns
saúdos
Román