Bo día,
Co motivo do "Día da Ciencia en Galego", o Museo de Historia Natural, xunto ao Servizo de Normalización Lingüística da USC, organizaremos o sábado 7 de novembro actividades para nenos e adultos ao redor da figura de Isidro Parga Pondal.
Estas actividades serán gratuitas pero con inscrición previa na nosa web:
http://revistas.usc.es/?/tod?/obradoiros/obradoiro_0002.html
Parga Pondal no Museo de Historia Natural, o pai da xeoloxía en Galicia
- Obradoiro gratuito para nenos
Data e Horario:
Sábado, 7 de Novembro; de 11:00 ? 13:00
Contidos:
- Visitaremos o Museo a través das coleccións nas que Parga traballou e realizaremos actividades a seu redor.
- Os pequenos poderán comezar a súa ?Colección de pedras de Galicia? como fixo Parga no seu tempo e coñecer un pouco máis da nosa xeoloxía.
Tamaño e perfil do grupo:
Nenos de 6 a 12 anos
Prezo:
GRATUITO
Parga Pondal no Museo de Historia Natural, o pai da xeoloxía en Galicia
- Charla e visita gratuíta ao Museo para adultos
Data e Horario:
Sábado, 7 de Outubro; de 17:00 ? 19:00
Contidos:
- Visitaremos o Museo a través das coleccións nas que Parga traballou
- Falaremos da súa vida, a súa obra científica e a súa vinculación a Universidade e ao Museo.
Tamaño e perfil do grupo:
Adultos.
Prezo:
GRATUITO
Saúdos,
Daniel Castro
Xetión de Visitas MHN USC