Concurso de actividades con GPS no ano das Viaxes científicas

Submitted by admin on Mér, 10/04/2017 - 09:56

Concurso de actividades con GPS no ano das Viaxes científicas

Temáticas:

-Conseguir recoller ou facer un gran número de datos xeoreferenciados e comentados do teu Concello (ou dunha viaxe escolar) utilizando unha base de datos que está en proceso de xestión, "Nova Carta Xeométrica de Galicia", ou ben unha propia do centro que entreguedes. Celebramos así os 200 anos do comezo (1817) da Carta Xeométrica de Domingo Fontán  e pretendemos emular, colectivamente, os seus traballos durante 17 anos nos que conseguiu o primeiro mapa de Galicia que foi realizado con medicións matemáticas. Neste caso será o primeiro mapa cultural, científico,  turístico, literario, económica e historicamente relevante feito con GPS, e medios informáticos e a colaboración de todos.

-Facer un debuxo xigante nun monte utilizando GPS

-Facer un "crop circle" de aparencia extraterrestre utilizando GPS (quizais un triskel galego feito con semicírculos nun prado en primavera).

-Conseguir reunir percorridos andando ou en bicicleta da túa zona ou dunha viaxe ou de Galicia.

-Geocaching ou outros xogos con GPS

-Encher con fotos do voso Concello as xeolocalizacións máis importantes del. Enviades por wetransfer as fotos e un documento coas xeolocalizacións e as fotos que lle corresponden. Non teñen porque ser exactas, ter cada foto unha xeolocalización. Como facelo? Mira Novacarta.eu para ter máis ideas. Enviar os datos ou os documentos a secretaria@igaciencia.org

Prazo: 1 de novembro de 2017.

Premios: 1 revista Labirinto sobre a Luz para os vinte mellores traballos.