http://www.bicodaria.com/2017/11/charla-de-cibran-arxibai/
Día da Ciencia en galego: Charla de Cibrán Arxibai
2 Novembro, 2017. Por: Redacción
Mañá venres, 3 de novembro, imos realizar unha actividade para conmemorar o Día da ciencia en galego. A data escollida desde o ano 2010 é o 4 de novembro, mais como cae en sábado, organizamos no véspera unha charla-encontro con Cibrán Arxibai, profesor de matemáticas e autor do blog Carta xeométrica, blog de referencia para o mundo da sociolingüística.
Na presentación dese blog di que como vítima da inmersión lingüística en español non ten grandes coñecementos respecto da lingua galega, porén ten ollos e oídos. Mais nós sabemos que si ten moitos coñecementos, de feito Cibrán é unha das persoas máis informada sobre o que sucede en Galicia a respecto da lingua en relación coa sociedade, é dicir é un analista certeiro, por ser un grande e lúcido observador, da nosa realidade sociolingüística.
Ademais descata de xeito moi especial pola súa activa resistencia e protesta en favor do uso da lingua galega nas materias científicas e tecnolóxicas.
Mañá, venres día 3 de novembro, o alumnado de 1º ESO do noso IES vai ter a oportunidade de escoitalo e de entender, ademais de cousiñas matemáticas, a razón de que se teña que celebrar o Día da Ciencia en galego.