O dia da Ciencia en Galego 2018

Submitted by admin on Mér, 10/03/2018 - 13:44

Xa está contado, pero nunca está de máis darlle unha nova volta, contestación a unha compañeira dun centro de Ourense que pregunta por máis precisións:

O título da temática vai ser A cultura científica  e a cultura galega como patrimonio cultural europeo. A UE declarou o ano 2018 como o Ano do Patrimonio Cultural Europeo  e nos os celebramos:

-Celebrando a Arquímides como un dos máis grandes científicos europeos de todos os tempos (de modo que na medalla Fields, un dos primeiros premios para os matemáticos, pon a súa figura como símbolo universal) que fixo unha gran cantidade de descubrimentos en Física e Matemáticas, aportacións de todo tipo feitos por un único home que cambiaron a historia das Matemáticas e da Física.

 -Celebrando o patrimonio cultural galego e a súa obra estrela a Catedral de Santiago, o Portico da Gloria e o seu autor, O mestre Mateo.

-Continuar coa preparación e aumento de NovaCarta  Con este motivo tamén continuaremos coa actividade de novacarta.eu una páxina que imita a Domingo Fontán e quere radiografar o contido, fundamentalmente en imaxes, fotografías e vídeos, podcast, textos e enlaces a información sobre os datos xeoreferenciados que contén. Xa se pode ver no concello de Fonsagrada os datos xeoreferenciados que ten, En Burela, Cervo, Viveiro, Lugo, Guitiriz, etc…

-Queremos chegar a ter unha base de datos latitude/lonxitude dos lugares da nosa cultura (que é patrimonio cultural europeo), románico, igrexas, fervenzas, vexetación e flora, da fauna e pesca que coñezades. E non só iso senón as festas, música, todo aquilo que se queira xeoreferenciar da cultura popular... da provincia de Lugo por suposto

En canto ao homenaxeado galego é o mestre Mateo que ten na súa obra a cumbre da arte Galega -e da arquitectura- con diferenza.

O cartel vai ter un deseño como os anteriores, pola esquerda a Arquimides (como en cienciaengalego.org) e algunhas das súas obras : o parafuso de arquímedes, a lei da panca, o principio de Arquímides dos corpos flotantes, que a esfera ten de volume os 2/3 do cilindro que a circunscribe

O cálculo de Pi e as áreas parabólicas. Ademais dunha imaxe do espello ustorio con que incendiaba as naves romanas que querian conquistar Siracusa, a súa patria grega. E como levantar un barco no ar cunha soa man.

No lado da dereita estará a estatua do mestre Mateo do Pórtico, e obras do patrimonio cultural galego: A Catedral de Santiago, o Pórtico da Gloria e algunha igrexa a maiores e con outros tipos de patrimonio: o dolmen de Dombate, o labirinto de Mogor, algún petróglifo de Campo Lameiro, o castro de Santa Tegra e quizais o Gaiás...

Dito isto para o ano que vén que se celebra o ano internacional das linguas indíxenas celebraremos a lingua celta coma lingua indíxena de Galicia con Chomski como homenaxeado universal e Murguía como homenaxeado galego.

Se ves a páxina celtia.org podes ver a gran cantidade de palabras celtas que estou redescubrindo desde a toponimia galega.

E nada máis, Ai, si teremos un cartel da simetría do Pórtico para este ano feito por Luís Puig  e pouco máis (explico, novacarta.eu e celtia.org consumen moitas horas e horas. Se fas unha cousa quítaslle tempo á outra). Pero se ti queres contar en cienciaengalego.org o que ides facer ou tedes algunha proposta de cartel para distribuír no día da ciencia en galego, eu encárgome de distribuilo a todos os centros de Galicia (fíxate que, por exemplo Fleming e a penincilina forma parte da ciencia europea ou Galileo e o telescopio...). Anímadevos a compartir o que facedes, que seguro que é chulo.

Apertas