Título
Día da Ciencia en Galego 2018/2019 no IES. Chano Piñeiro
O martes 15 de xaneiro de 2019, celebramos no IES. Chano Piñeiro o día da Ciencia en Galego, no que colaboraron os departamentos de Bioloxía, Química, Matemáticas e Tecnoloxía.
Os alumnos presentaron as seguintes actividades:
- Pirámides holográficas.
- Electromagnetismo.
- Tintes naturais.
- Identificación de azucre redutores.
- Matemaxia.
- As catro cámaras do corazón.
- Descubrindo o ollo humano.
- Cromatografía da tinta.
- A voltas co ADN.
Tedes un resumo das actividades realizadas no seguinte vídeo realizado polo EDLG do IES. Chano Piñeiro.