- Log in to post comments
Bo día!
Un ano máis no IES 12 de Outubro de Ourense celebramos por todo o alto o Día da Ciencia en Galego.
Esta vez cada neno e nena deseñou a súa camiseta dun elemento químico. Son uns e unhas artistas. Viñan incluso nos recreos a traballar. Merecen un aplauso dos que fan historia.
Este xoves pola mañá intentamos reproducir no salón de actos a táboa periódica con eles e con elas. Foi complicado pero á vez ben divertido colocar a todos e todas nos seus postos. Tamén se uniron algúns profesores e profesoras e mesmo un dos conserxes do noso Centro. O noso vicedirector, Luca, sacounos unha foto subido a unha tremenda escaleira. Mereceu a pena a experiencia.
Envíamos un par de fotos do resultado. E por suposto continuamos con máis actividades. Hai máis sorpresas. Seguiremos informando...
O DEREITO A GOZAR DA CIENCIA EN GALEGO!!!
Saúdos cordiais para todos e todas
Rosa Glez. Conde (profesora de Bioloxía no IES 12 de Outubro)