Continua o día da Ciencia en Galego

Submitted by admin on Mar, 12/03/2019 - 12:32

ROSA GONZÁLEZ CONDE cóntanos que:

 Boa noite a todos e todas!
Continuamos coas actividades do X Día da Ciencia en Galego no noso Centro.
Coa foto da táboa periódica fixemos unha enorme pancarta que colga no exterior do instituto.
Colgamos as camisetas nun dos corredores do Centro. Chamásmolle o corredor dos elementos químicos.
Xulio o compañeiro de galego, montou co seu alumnado o que chamaron: "Un Universo de linguas". Simulando un Sistema Solar, representaron distintas linguas indíxenas, cada bola ten un tamaño proporcional ao número de falantes, ata luces lle puxeron. Está xenial.
E por si fose pouco os nenos e nenas fixeron marcafollas para reivindicar o dereito  a gozar da ciencia en galego.
Saúdos dende o IES 12 de Outubro para todos e todas os que coma nós queren seguir empregando a nosa fermosa lingua para comunicar e transmitir. Non se nos ocorre outra mellor.

 



Menus