- Log in to post comments
Hai como cousa dun ano enviaronme tres libros de matemáticas, recén publicados, e en galego. Para reseñalos aquí, en cienciaengalego.org
Diredes, imposible. Case desde o famoso libro de Vacaloura non hai textos de matematicas de secundaria en galego. Non é así? convídovos a escribir sobre cada un deses libros, de Matemáticas, Bioloxía, Xeoloxía, Tecnoloxía e Física e Química, Ciencias para o mundo contemporáneo escritos en galego. Por exemplo, un libro moi interesante, escrito por tres profesores xeniais, en galego, para Física 4º de ESO titulado "Todo se move".
Convídovos, tamén, a iniciar a escritura de textos educativos en galego. Despois dunha década de ciencia en galego, vén sendo hora de menos falar e máis traballar.
Os que queiran facelo, escribide a contacto desta web.
Ben e agora desvelo o misterio dos libros de matemáticas escritos en galego hai pouco:
De andavira edicións, escritos por Carlos Gómez Bermúdez e Fiz Gómez Gratacós
Problemas de Cálculo (1 e 2). O 1 titulado Cálculo Diferencial. Continuidade. Sucesións e Límites. O 2 titulado Cálculo Integral. Series.
Como podedes supoñer, este libro, se adapta mellor a 1º de matemáticas de moitas carreiras de Ciencias, Económicas e Socioloxía.. Nivel universiario, polo tanto. Pero eu opino que moitos centros educativos poderían telo, ben na biblioteca, ben nos Departamento de Matemáticas como libro de consulta e orgullo. Consulta, para ver que o que van dar na universidade, nas carreiras de Ciencias, é unha continuación do Bacharelato. E orgullo de que eses temas sexan perfectamente explicables en galego (un dos nosos leitmotivs).
Ou como dicía García Rodeja cando en 2º de Matemáticas nos ensinaba co texto en inglés da Algebra de Lang: Os estudantes (que xa remataron a carreira, posgraduados) americanos levan con orgullo pola rúa ese libro de Lang. Moitas incongruencias para falar delas agora. Quedémonos on que hai libros que se levan con orgullo pola rúa. Son de nivel superior (como o Lang), e están ben feitos. Utilizan moita Mathematica nos debuxos (o Lang non ten debuxos). Para os partidarios de todo libre dicir que o Mathematica é gratuito no Raspberry Pi. Que a súa vez abre as porta a un mundo de tecnoloxía para xoves que non cres se non o traballache durante ao menos un mes.
Así a miña recomendación completa e que merquedes eses tres libros de Andavira e os utilicedes de consulta e merquedes unha Raspberry pi no departamento de Matematicas para usar de modo legal Mathematica e saber que é iso da Tecnoloxía "Raspberry Pi"