Marcelino Maneiro cóntanos en facebook que na Facultade de Ciencias (Lugo, USC) vanse desenvolver distintas actividades na mañá do 4 de novembro:
- unha exposición de material bibliográfico científico en galego,
-a presentación do XXIV Congreso de ENCIGA,
-a presentación do libro "O nome e o símbolo de elementos químicos,
- o reparto do Vocabulario de Química galego-español-inglés e a
-visita aos novos laboratorios da Facultade.
Confirmaron Ollos Grandes, Galén e Maristas, polo que haberá máis de 150 asistentes considerando só aos do ensino secundario
Na foto está o programa detallado de actividades.