XVI día da Ciencia en Galego

Submitted by admin on Lun, 03/17/2025 - 21:26

Temos como temática o Ano Internacional das Ciencias e Tecnoloxías Cuánticas https://quantum2025.org en español https://quantum2025.org/es/

E tamén é o Ano Internacional da Preservación dos Glaciares  https://www.un-glaciers.org, en español, https://www.un-glaciers.org/es

E por outra banda a RACG nomeou científico galego do ano a Fernando Calvet, quizais, o primeiro bioquímico galego, o modernizador da química de Galicia, catedrático da USC, expulsado despois da guerra civil e un dos químicos de Zeltia.

Así que as temáticas que trataremos este ano serán a Física e Tecnoloxía (Coa Física e Tecnoloxía Cuántica  como centro), a Xeoloxía (cos glaciares coma centro temático), e a Química e Bioloxía (coa Bioquímica e Fernando Calvet coma centro temático). Así, este ano, cubrimos case todas as Ciencias que se ensinan en Primaria e Secundaria. Temos unha ampla Temática Científica para tratar neste ano.

Como homenaxeado universal poñeremos a Einstein, que recibiu o premio Nobel polo seu artigo sobre os fotóns en 1921, pola súa explicación do efecto fotoeléctrico e "polo seu servizo á Física teórica", a Teoría da Relatividade, á  Teoría Cuántica, á Mecánica Estatística pero a súa obra principal é a  teoría xeral da relatividade que aplicou para modelar a estrutura a grande escala do universo. Toda a súa vida procurou a teoría unificada que unise a teoría xeral da relatividade coa teoría cuántica e non o conseguiu nin el nin todos os físicos seguintes, sendo un dos problemas do milenio en Física que esperamos que o resolva un galego ou unha galega, falando galego.

Un libro da autoría de Einstein, en galego, coordinado por Jorge Mira, explicando a teoría da Relatividade e, oíches, enténdese todiño- 

O día que Einstein falou galego

Fernando Calvet Prats  na Galipedia e Calvet para vídeos sobre a súa temática no Consello de Cultura Galega e sobre as Ciencias e Tecnoloxías cuánticas.

Di: A ONU declarou o 2025 como o Ano Internacional da Ciencia e a Tecnoloxía Cuánticas,o especial de Proxector do mes de novembro: https://consellodacultura.gal/especiais/proxector/especial.php?t=10510 convidándonos a reflexionar sobre a importancia que tivo a investigación cuántica para a ciencia moderna, e aproveitando a conmemoración, IGACIENCIA tamén quere trasladar esta reflexión á comunidade educativa galega no XVI Día da Ciencia en Galego.