Galego

Estudos de Lingüística Galega, nº 4

Submitted by dubert on

O Instituto da Lingua Galega acaba de publicar o número 4 da súa revista, Estudos de Lingüística Galega. Coma sempre, a revista ten tres seccións principais: 

A) Pescuda, que recolle traballos de investigación. 

B) Peneira, que recolle discusións sobre problemas de estandarización do galego.

C) Anada, que recolle unha recolección de títulos bibliográficos publicados ó longo de 2010 que interesan ós investigadores sobre o galego e un conxunto de recensións sobre traballos de investigación.

Eu falarei

O luns 25 de xunio ferveu o ateigado auditorio de Chapela nun acto emocionante de presentación do noso LIPDUB.

Hoxe martes ferveu a rede con máis de 2500 visitas nas primeiras 24h. Estamos que botamos por fóra! E a nosa Lingua Galega, un pouco máis viva! Esta é a ligazón por se aínda non viviches o EU FALAREI http://www.youtube.com/embed/AerLPRrnIaA?rel=0

Aldán Santamarina

Solicitude de IGACIENCIA á DXPL

Dado que a DXPL uniuse á conmemoración do día da Ciencia en Galego, solicitouselle axuda para esta celebración. Ainda que asistiron a unha reunión a contestación do día 10 de maio foi " non hai cartos e hai crise"

Solicitámoslle, desde IGACIENCIA,  o financiamento da traducción de software libre científico ao galego e o mesmo " non hai cartos e hai crise"

Propúxoselle entón a traducción do sistema operativo Android (para móbeis, TV...) ao galego e dímoslle as razóns que o farían desexable e conveniente. Contestación " o estudaremos"