Despois dunha breve introdución, preséntase a construción paso a paso dun tipo de cúpula baseada nun patrón iniciado por Leonardo.
Numerosas páxinas do Codex Atlanticus dan testimonio do intento de Leonardo de elevarse por encima da xeometría plana e acadar o reino da terceira dimensión, pero sempre chocou contra os límites das posibilidades de cálculo da súa época. Neste documento trátase de analizar as súas estruturas de rede, estruturas semellantes ás que presentan os domos de Buckminster Fuller, a xeometría Zome de Steve Baer, as estruturas de Tensegridade sobre a base da escultura de Kenneth Snelson, así como as tradicionais bóvedas catalás de Gaudí e de Guastavino.