Materiais en galego

Xornadas sobre léxico matemático

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas (USC) organiza unhas Xornadas sobre léxico matemático os próximos días 5 e 6 de novembro, coincidindo coa semana da ciencia.

Estas Xornadas van dirixidas a todas as persoas que usan o galego para transmitir matemáticas. Nesta primeira edición (confiamos en que haxa outras) o ensino terá un protagonismo especial.

Enviamos o pdf dun tríptico coa información máis relevante. Esta información irase actualizando na páxina web da Facultade:


admin Xov, 09/26/2013 - 20:41
O estradense que triunfou na ciencia admin Xov, 11/15/2012 - 16:07
III DÍA DA CIENCIA EN GALEGO NO CEIP DE CERVO

Recollemos no  documento gráfico que se xunta a celebración do Día da Ciencia en Galego no Ceip de Cervo e, tamén,  podedes ler un breve resumo en http://bibliocervo.blogspot.com.es/2012/11/dia-da-ciencia-en-galego.html

inesben Mar, 11/06/2012 - 22:44
Constrúe unha cúpula desmontable á maneira de Leonardo

Despois dunha breve introdución, preséntase a construción paso a paso dun tipo de cúpula baseada nun patrón iniciado por Leonardo.

inesben Dom, 11/04/2012 - 18:41
A perspectiva
  • Leonardo non inventou a perspectiva na pintura pero foi un dos primeiros artistas en usala.
  • Nos documentos que se xuntan utilizamos geogebra para analizar a perspectiva de A última cea de Leonardo (1495-97, Basilica S.
admin Lun, 10/22/2012 - 20:36
Máis recursos admin Xov, 09/06/2012 - 00:08