Recollemos no documento gráfico que se xunta a celebración do Día da Ciencia en Galego no Ceip de Cervo e, tamén, podedes ler un breve resumo en http://bibliocervo.blogspot.com.es/2012/11/dia-da-ciencia-en-galego.html
O III Día da Ciencia en Galego foi todo un éxito, o mesmo que nas edicións anteriores. Xa estamos ilusionados coa idea de participar no IV Día da Ciencia en Galego o vindeiro ano. Agardaremos as novas de Igaciencia para iniciar a preparación. Parabéns a esta asociación polo acerto na promoción desta data.