II día da Ciencia en Galego

Actividades da Facultade de Ciencias de Lugo

Marcelino Maneiro cóntanos en facebook que na Facultade de Ciencias (Lugo, USC) vanse desenvolver distintas actividades na mañá do 4 de novembro:

- unha exposición de material bibliográfico científico en galego,

-a presentación do XXIV Congreso de ENCIGA,

-a presentación do libro "O nome e o símbolo de elementos químicos,

- o reparto do Vocabulario de Química galego-español-inglés e a

-visita aos novos laboratorios da Facultade.

Videoconferencias do Día da Ciencia en Galego

Bos días,


Por fin os compañeiros puideron confirmar as videoconferencias que a CGENDL propón para o II Día da Ciencia en Galego.


Haberá unha primeira para Primaria que será impartida por Isabel Fraga, directora do Museo de Historia Natural da USC, autora da "Guía verde de Santiago de Compostela", editada por Alvarellos. Queda por confirmar o título e a hora, mais será a primeira hora da mañá para que os CPI poidan sumarse tamén á videoconferencia de Secundaria se o desexan.